Saltar al contenido

Documental: Querela é creala

  • por

Estimadas familias,

Dende a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado de Vigo e a súa bisbarra (FOANPAS) chéganos a seguinte actividade que consideramos pode ser do voso interese:

“Querela é creala” é un documental acerca dun dereito, unha necesidade, un desexo, un compromiso político e unha posibilidade: facer que nas escolas todas as persoas poidan aprender a vivir xuntas. Construír sociedades inclusivas require desmontar os prexuízos que temos sobre a diversidade e as diferenzas, para o que precisamos revisar o sistema e as escolas nas que parte do alumnado non cabe. A película reflexiona sobre esta realidade a través de diversas historias que se entrecruzan na defensa do dereito á educación inclusiva.

Cando: SÁBADO 18 DE MARZO DE 2023

Hora: 09:30 H.

Onde: Verbum (Avenida de Samil, 17, Vigo)

LOGO DE VER O DOCUMENTAL, TEREMOS A OPORTUNIDADE DE COMPARTIR CONVERSA E DEBATE CON ALGUNHA DAS PERSOAS PROTAGONISTAS DO MESMO.

Inscricións: foanpas@foanpas.com ou no 986 29 88 12.