Saltar al contenido

Campaña de recollida de xoguetes

  • por

Queridas familias,

Como vimos facendo nos últimos anos, dende a AMPA do cole queremos colaborar coa campaña “Cada nen@ un xoguete” na recollida solidaria de xoguetes novos e usados para despois facerllos chegar @s nen@s que, pola súa situación social ou familiar, non poden gozar deles.

Habilitarase unha zona para a recollida na entrada do colexio por Tomás Alonso, mentres non estea a zona habilitada pódense deixar os xoguetes na secretaría do centro.

data tope para recoller xoguetes será o día 19 de Decembro.

Lembrade achegar os obxectos en bo estado para que, os que máis o precisan, podan darlles unha segunda vida.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!