Queridas familias,
O vindeiro día 28 de febrero (venres) celébrase pola tarde no colexio a Festa do Entroido
promovida pola AMPA San Miguel 2 en horario de 16:30 a 19:00.
Haberá un desfile/concurso de disfraces onde podedes amosar todas as vosas
habilidades artísticas, humorísticas e interpretativas aos asistentes e o xurado.
Se queredes participar no concurso de disfraces teredes que achegar a vosa solicitude
de inscripción ao enderezo electrónico ampasanmiguel2@gecastrosanmiguel.com ou en
papel a través do voso/a titor ou titora indicando a categoría na que queredes participar
(individual/parella ou grupal), a etapa educativa (infantil, primaria ou secundaria) e os
vosos nomes. Na categoría grupal poderán participar ata un máximo de 6 persoas.
A data límite para achegar as vosas solicitudes será o día 26 de febrero (mércores).
Se non queredes participar no desfile podedes bailar ao ritmo da música que resoará
como se estiveramos no mesmo sambódromo no Entroido de Sao Paulo en Brasil.
Tamén podedes retocarvos as vosas maquillaxes ou facervos unha tatuaxe no taller que
estará disponible durante a festa.
Os alumnos de 4º da ESO estarán ao pe do cañón na cantina vendendo larpeiradas e
bebidas co fin de recaudar fondos para a súa viaxe de fin de curso.
